Guía para que fagas a Revolta Irmandiña do Asalto o Castelo

É imposible gozar do asalto ao completo, pero aquí traémosche unha pequena guía para que o poidas aproveitar se vas un ou os dous días. Porque polo de pronto xa perdeches parte da festa, a que se vive ao longo da semana e que ten, aos Pinchos Irmandiños como grandes protagonistas. Un gusto ver os locais de hostalería cheos á tardiña do mércores ou xoves, con mareas de veciños de Vimianzo, e de toda a comarca, achegándose a probar os tesouros gastronómicos medievais de ata 13 locais da vila.
Peneira do Liño, O Leito da Condesa, o Festín dos Moscosos, A Revolta Irmandiña, os Melviños… Podes atopamos todos debullados aquí.

En asaltoaocastelo.gal tamén podes, ademais do programa completo, as actividades máis destacadas.
Este xoves, unhas das tradicións que van collendo forma foi o II Aquelarre de Ánimas de Palleiro para o Chamamento á Loita, unha representación teatral artellada por Míchel Antelo cunha recua de 50 persoas, que fixeron un pasabares nocturno rematando na Foliada das Meighas, e que dá pé histórica e teatralmente ao gran distintivo desta festa: a Representación da Revolta Irmandiña que se viviu na comarca de Soneira no século XV. O equipo formado por xentes da casa, dirixido por Ghillermo Méndez, xa ten todo listo, fachos incluídos, para asaltar o castelo dos nobles na medianoite do sábado.
Sen dúbida, unha das actividades máis esperadas é a Cea Medieval do venres, pero esquécete dela, porque as entradas voaron en apenas unhas horas xa hai meses. O que si te podes unir a partir das 23:30 para a queimada do gran Miguel Queiro e os concertazos de Mondra e Monolious Doup.
Antes, na tardiña do sábado, o Asaltiño, a loita de auga no foxo do castelo que tanto lle presta á rapazada. Tamén pola tarde do sábado, ademais de comprar algo na Feira Artesanal, poderemos asistir ás 17:30h á historia dramatizada no patio do Castelo.
A revolta fraguarase ás 19:00 na Irmandade Parroquial, unha xuntanza de tribus na praza do Concello que remata co Pregón, da man do Festival de Moeche, e o desconcerto de Flow de Toxo, ademais da música itinerante pola vila.
O Festival

O esperado concerto de Manu Chao, para o que xa están todas as entradas vendidas, abre as portas ás 21:00h. Ás 23:00h abriranse as portas do espazo para que a xente poida asistir á representación teatral do Asalto, que arrinca ás 23:30h. E xa saben, cos fachos e o ariete, todo o mundo en procesión ata o Castelo, onde a revolta irmantiña arrasará co Castelo, e completará coa segunda parte da representación no foxo. Unha cita sempre inesquecible.
Ao remate, volta ao campo da festa a bailar cos Boikot (1:00h), Süne (2:30h) e os incribles Festicultores (4:00h), que non te deixarán marchar ata o mencer.