Os IES abren o prazo de inscrición para as FP
Desde este luns 24 de xuño e ata o día 2 de xullo, inclusive, as persoas interesadas en cursar algún ciclo formativo de Formación Profesional poden presentar as súas solicitudes nos centros da comarca.
Por exemplo, o IES Secundaria Terra de Soneira de Vimianzo informa do prazo de matricula para os Ciclos Formativos, Medio e Superior, da familia de Administración e Finanzas. Son 2000 horas de formación, equivalentes a dous cursos académicos, que inclúen un período de prácticas laborais en empresas. O IES Terra de Soneira ten asinados convenios de colaboración cun amplo abano de empresas da comarca, o que lle permite garantir ao seu alumnado as prácticas asociadas aos ciclos, así como unha moi alta inserción laboral.
Mentres, a oferta de ciclos formativos do IES Fernando Blanco é a seguinte:
- Ciclo de grao superior de Administración e finanzas.
- Ciclo de grao medio de Instalacións eléctricas e automáticas.
- Ciclo de grao medio de Electromecánica de vehículos automóbiles.
- Ciclo de grao medio de Xestión administrativa..
- Ciclo de grao medio de Mantemento electromecánico.