Venres. 19.04.2024
El tiempo

Investigan un home que multiplicaba por 5 a tasa máxima de alcohol permitida tras sufrir un accidente en Vimianzo

Investigan un home que multiplicaba por 5 a tasa máxima de alcohol permitida tras sufrir un accidente en Vimianzo

A Garda Civil de Corcubión puxo a disposición do Xulgado de Corcubión un home que mutiplicaba por 5 a tasa de alcohol permitida. O home sufría un accidente na estrada AC-441, en Vimianzo. Ao lugar acodía a patrulla que lle facía as pertinentes probas dando un valor de 1,17 mg/l en aire expirado na primeira, e 1,12 na segunda, sendo a tasa máxima permitida de 0,25 mg/l en aire expirado.

Conducir cunha tasa superior a 0,50 mg/l en aire expirado xa pode supoñer unha multa de 1.000€ e 6 puntos, mentres que supera os 0,60 xa supoñen sancións pola vía penal, puidendo levarte de 3 a 6 meses á prisión e a privación do dereito a conducir de 1 a 4 anos.

Comentarios