Máis dun milleiro de persoas anotadas para as actividades municipais en Vimianzo

08:30 07/10/14

Se xa está en marcha a programación continua do Auditorio da Casa da Cultura, a vindeira semana comezarán as actividades deportivas e culturais do Concello de Vimianzo.
Nesta convocatoria notáronse máis dun milleiro de persoas, sendo as actividades da Escola de música as máis demandadas polas persoas usuarias. Un número que supón un incremento do 10% con respecto a convocatoria anterior.
Vendo os datos, comprobamos que son as mulleres as que máis se apuntan, sendo ademais as clases de pandeireta, guitarra e baile tradicional as máis demandadas, con case un centenar de inscritos cada actividade.
Máis información
Novas relacionadas
- 8 meses de activación deportiva e cultural en Vimianzo.
- Vimianzo volve apostar pola programación continua para o outono.
Fonte
- Concello de Vimianzo.