Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Manuel Antelo: “Deixamos o BNG porque non podemos ser os pepiños grilo toda a vida”

Manuel Antelo: “Deixamos o BNG porque non podemos ser os pepiños grilo toda a vida”
O alcalde de Vimianzo Manuel Antelo deixa o BNG e crea o Foro Galego O alcalde de Vimianzo Manuel Antelo deixa o BNG e crea o Foro Galego
Foro Galego

Xa amosara, despois da Asemblea Nacional do pasado mes de febreiro, o teu descontento co devir do BNG asegurando que “estaba deixando fóra a moita xente”. Manuel Antelo, alcalde de Vimanzo, vén de anunciar a súa marcha do Bloque Nacionalista Galega, e a creación do chamado Foro Galego.

Falamos con el para coñecer as razóns da marcha, o sentir deste novo Foro Galego (a primeira cita será o domingo día 8 de maio ás 10:30h na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela), e como queda a situación a nivel municipal:

 
  • QPC: Anuncias a marcha do BNG enton?

A miña posición respecto da política que está levando nos últimos anos sobre o BNG é sobradamente coñecida. Na última asemblea consolidouse unha idea que deslocaliza ao BNG da esfera política e que nos deixa fóra a unha parte de xente que levamos dentro moitos anos.
Como considero que non podemos ser os “pepiños grilo toda a vida” e que BNG pode tomar as súas decisións, tomei baixa hai xa case 2 meses. Esta situación pode resolverse sen discusións públicas e non tiña necesidade ningunha de dar a coñecer a baixa. Foi unha decisión emotiva e dificil, non emocional, pero un ten que actuar con criterio. Iso si, non teño nada malo que dicir da que foi a miña casa máis de 30 anos.
Eu creo que é o BNG o que non tomou unha decisión correcta, pero así e todo preferíría ser eu o equivocado e que o BNG teña razón nas súas teses. E imos ver que acontece nos vindeiros meses.

 
  • QPC: Que é e quen crea “Foro Galego”?

Xorde dun grupo de xente a título individual, dun grupo de xente nova vinculado ao ámbito municipal, que pretendemos promover unha cultura de encontro, de debate, entre as persoas de que a pensamos que política ten que ter unha visión de país.
Queremos traballar en base a dúas ideas. Unha urxente: como dar resposta a esa cidadanía que sacar ao PP do poder. Un PP que está arruindando esta sociedade, atacando aos servizos públicos (ensino e sanidade sobre todo), precarizando o traballo sobre todo na mocidade, os problemas cos desafiuzamento…
Despois hai outra idea máis estratéxica, que ten que ver con facer unha “concentración parcelaria” entre todas as persoas que queremos facer política de país. Isto toca facérmolo paseniño.

Manuel Antelo na Presentacion do Foro Galego Manuel Antelo na Presentacion do Foro Galego  

Foro Galego non é un partido máis, non é un chiringuito máis, non é unha coordinadora de partidos nin nada dis.. Quereos que sexa unha nave, un espado de debate para discutirmos sobre o país. A primeira cita será o domingo día 8 de maio ás 10:30h na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela.

E si, a idea é a confluencia. O nome non imos discutilo.

 
  • QPC: Como vai quedar entón o goberno de Vimianzo? Que siglas vai ter o grupo de goberno? E que pasa cos concelleiros da corporación?

Canda min os militantes do grupo municipal e outro grupo de militantes vimianceses deixamos o BNG. Pero seguimos sendo grupo do BNG de Vimianzo mentres non se nos comunique outra decisión. O grupo está unido, mantemos a maioría, temos un contrato coa cidadanía a través do BNG-Asembleas Abertas, e seguirémolas defendendo. A nivel municipal sentímonos involucrados co BNG. Se o BNG necesita que o grupo municipal de Vimianzo realice algunha campaña, poden contar con nós, porque somos irmáns. A nosa política é a política nacionalista, e nós sabemos cales son os nosos irmáns.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios