Marzo, o mes das Contadas no Programa cultural vimiancés
Comeza o mes de marzo e a acertada programación dominical continua o Concello de Vimianzo céntrase nas contadas. Tras un mes de teatro de calidade, marzo servirá para escoitarmos grandes contadores de contos.
E vaia nivelazo. Por Vimianzo pasarán algúns dos mellores monologuistas do país, como Candido Pazó, Avelino González, María da Pontragha ou Celso Fernández Sanmartín.
Será o dramaturgo Pazón o que abra as sesións coas súas "Historias de sempre para xente de agora". Cómpre non perdelo. A vindeira semana será o tempo de María da Pontragha, cos seus "Contos que non hai". Avelino González chegará dende a tele no ecuador de mes cos seus "Contos de contrabando", e será Celsfo Fernández o que peche o mes cos "Contos que non falten.
Todas as citas serán o domingo ás 20:00h e tamén as
Máis cultura
O Programa cultural abrangue ata o mes de xuño e os vindeiros meses a temática será a seguinte:
- Abril: "O mes da República da Liberdade".
- Maio: "O mes das Letras".
- Xuño: "O mes do noso".
Novas relacionadas
- Programa do Concello de Vimianzo de febreiro a xuño de 2013.
- Programación continua, receita para encher os auditorios.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).