Venres. 19.04.2024
El tiempo

Melloras na estrada que une Vimianzo e Muxía

alcaldesa vimianzo con formos copia
Melloras na estrada que une Vimianzo e Muxía

A DP-1603, que une Vimianzo, dende Cereixo, con Muxía, vivirá unha reforma importante tralo acordo asinado pola alcaldesa de Vimianzo Mónica Rodríguez e o presidente provincial, Valentín González Formoso. Ambas entidades investirán 143.461 euros (80% a cargo da deputación) para mellorar a estrada.

Os traballos consistirán na mellora da capa de rodaxe e da seguridade viaria, e para elo contémplanse actuacións como a limpeza de cunetas, o estendido dunha capa de 6 centímetros de aglomerado en quente a toda a vía, instalación de cunetas e barreiras de seguridade, pintado das liñas de bordo e isletas e a instalación dun sinal de STOP.

Comentarios