Venres. 26.04.2024
El tiempo

Moción de censura en Vimianzo

Moción de censura en Vimianzo
 Roque perfilase como alcalde na moción de censura

Esta mañá de sábado 2 de marzo de 2013 pode cambiar o rumbo da política municipal de Vimianzo. O PSOE presentou escrito que propón ao candidato José Manuel Rodríguez, Roque como novo alcalde vimiancés. Unha moción que parece que será apoiada polos grupos do PP e de IxVim, a pesar de que a Dirección Provincial do PP vén de mandar un escrito no que non autoriza a moción. Igualmente o PSOE provincial enviou un comunicado rexeitando a moción e avisando de que expulsarán aos asinantes de levarse a cabo.

O escrito vén asinado por 7 concelleiros, ademais do candidato, a súa compañeira Mercedes Vázquez, os 3 edís independientes Manuel Soto, Mónica Rodríguez e Carmen Hermida, ademais dos populares Ramón Santos, recentemente incorporado á corporación, e Juan Carlos Amado. Quedan 2 edís da oposición por asinar, Miñones e Trillo.

Faise así efectiva a moción da que xa se falara a finais de 2011 pero que quedara paralizada. Á espera quedamos dos prazos, se ben o pleno de gran trascendencia terá lugar o 14 de marzo.

O alcalde de Vimianzo explicará a súa posición hoxe ás 17.30 horas no salón de plenos do concello de Vimianzo ao respecto da moción de censura presentada hoxe no rexistro do concello.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios