Venres. 19.04.2024
El tiempo

Mónica Rodríguez (PSOE Vimianzo): "Tan só hai que saír á rúa para ver que o aspecto de Vimianzo mellorou moito"

Falamos coa actual alcaldesa e candidata do PSOE nas eleccións deste domingo 28 de maio, Mónica Rodríguez.
Monica Rodriguez alcaldesa Vimianzo PSOE
Mónica Rodríguez, actual alcaldesa e candidata do PSOE en Vimianzo
Mónica Rodríguez (PSOE Vimianzo): "Tan só hai que saír á rúa para ver que o aspecto de Vimianzo mellorou moito"
  • Fasme unha valoración persoal desta lexislatura.

Foi a máis complexa da historia democrática sin lugar a dúbidas. Tivemos que lidiar coa pandemia, algo inaudito ata o momento. Deixamos de lado moita da actividade diaria municipal para reforzar o social, algo prioritario para nós e máis nunha situación de emerxencia. Logo, case que tan só tivemos dous anos para executar o que tiñamos plantexado en catro, e aínda que non está listo o 100%, creo que a liña de traballo do goberno socialista vese. Tan só hai que saír á rúa para ver que o aspecto de Vimianzo mellorou moito. Xa non falemos de servizos, oferta cultural ou deportiva...

  • Nós sempre destacamos o apoio á programación continua. Por que é tan importante?

Porque é a nosa identidade. Non poderiamos entender unha vida sin cultura, accesible para todas e todos e de xeito continuado. Por Vimianzo pasaron as mellores compañías de teatro, grupos de música como Tanxugueiras e tamén acollimos competicións como o Duatlón de Reis, multitudinario a cada edición que pasa. 

  • Volverá unha nova edición da Costa da Vida? Tan importante para levar polas parroquias a cultura.

É unha das nosas ideas prioritarias no ámbito da cultura. Funcionou moi ben e obtivemos unha resposta tremendamente positiva por parte da veciñanza, premios aparte. Os recoñecementos institucionais son síntoma de que algo estamos a facer ben. O departamento de Cultura traballou arreo para que este proxecto vira a luz nunha lexislatura acurtada. Nunca me cansarei de agradecerllo. 

  • Hai algo formulado para seguir aproveitando o Castro das Barreiras?

Fai uns días anunciamos a nosa idea de crear un espazo de interpretación para a cantidade de pezas que se extraeron deste xacemento, recentemente unha peza de bronce e centos de anacos de barro que todavía están a analizar. Queremos tamén darlle protagonismo á rapazada, que formen parte deste proceso, que o visiten da man de Tito Concheiro cando se está a facer unha campaña de excavación. Por que a muralla mide máis nun lugar que outro; como vivían, como se defendían... É o noso pasado, é a nosa historia e hai que tela moi presente. Sempre. 

  • Como está sendo a comunicación coas asociacións?

Nós pensamos que positiva, sempre tivemos as nosas portas abertas a todos os eidos da sociedade. A vida asociativa de Vimianzo é moi rica, fanse moitas actividades que vertebran en accións das Asociacións e así queremos que siga sendo. 

  • Que cousas fundamentais quedaron por facer?

Moitos proxectos a nivel de infraestruturas, que por tempos e por falta de materiais debido á guerra de Ucraína e á pandemia, tivemos que frear. Non quero que soe a xustificación, pero é a realidade. Tivemos que priorizar o apoio a determinados sectores en detrimento de outros. Obras de melloras das comunicacións interparroquiais, saneamentos, execución de novos servizos municipais, limpeza, desbroce en todas as parroquias... Son materias que temos pendentes e que, agardamos que coa confianza da veciñanza, vexan a luz nos vindeiros catro anos. 

  • Cales son as novidades e os puntos fortes da vosa candidatura?

Temos poucas caras novas, creo que conservar o esqueleto é o éxito da nosa lista. Temos un grupo moi forte, representado con vimianceses e vimiancesas as 14 parroquias do Concello, ningunha quedou sin representación. 

Vivimos xuntas e xuntos o peor e o máis cruento da pandemia e creo que nos aportamos moito unhas a outras e a outros. As caras novas aportan a frescura que sempre necesitas e complementan a columna que xa temos. Foi unha tarefa moi complicada ordenar todos estes nomes, cada persoa das 23 que somos na lista podemos ocupar calquera escalón. Reafírmome no que xa lles dixen no seu momento. 

  •  Dende o BNG criticaron nos últimos tempos a mala xestión económica. Que che parece?

Todas as opinións son válidas, pero creo que esta carece de total fundamentación e ten unha finalidade claramente electoralista. É moi fácil saír co titular de "Mónica Rodríguez é mala xestora" pero desde o seu grupo mixto, non sei si chamarlle BNG ou Adiante Vimianzo, non fixeron ningunha proposta en positivo nestes catro anos. Penso que lle teñen que dar unha volta. 

  • Tamén denunciaron o uso dun monte común por parte dunha concelleira. Podes explicar a situación?

Creo que a oposición debe estar para sumar, para construir. Vimianzo non debe importar só 1 mes antes das eleccions. Parece que queremos volver atrás, volver con difamacions, con desprestixios. Seamos responsables co noso compromiso para traballar por e para Vimianzo.

  • Cal é o voso proxecto para o Concello?

Un proxecto plural, coas portas abertas e pensando por e para a veciñanza de Vimianzo. Non poderiamos entendelo doutro xeito. 

Comentarios