Música electrónica e moito polo esta fin de semana en Baíñas

09:00 25/08/11

Doble sesión festexeira esta fin de semana en Baíñas, organizada pola Asociación os Campelos de Baíñas.
I Macrofestival da Xuventude "Presa do Val" de Baíñas
Este venres 26 de agosto, a localidade vimiancesa de Baíñas acolle un macrofestival de música electrónica. Contarán coa disco da Factory Music, e cos Dj Son1C, Marcos Magan, Manu López, Rakso e David Muíño.
Ademais contarán coa Festa da Escuma (1000m3) e da auga (100.000 m3), dragqueens, performances e moitas sorpresas máis. Nunha festa que durará ata a mañanciña e que conta con acampada e aparcadoiro de balde, ademais de que a entrada sexa tamén gratuita. A música comezará a soar ás 22:00h
Festa do Polo
E para o sábado 27, para curar a resaca, a partir das 20:00h terán a Festa do Polo, con discoteca móbil.
Máis información

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).