Nace a Gran Orden Gastronómica Costa da Morte
Ante a numerosas accions levadas a cabo durante os últimos anos nas nosas bisbarras, en relación co turismo gastronómico, e que realmente non alcanzaron o nivel de impacto que require o sector, veñen de constituir a chamada Gran Orden Gastronómica Costa da Morte. Así nolo conta o seu fundador, José Manuel Pato, membro da Liga Naval e un dos amantes dos naufraxios máis activos da zona, que apunta que a posta de longo, tras dous meses da súa creación o simbólico 12-12-12. Foi o pasado mércores 13 de febreiro, cunha xuntanza aberta na Casa da Cultura de Vimianzo á que acodiron medio centenar de hosteleiros.
Moitos dos asistentes, incluídos o alcalde de Vimianzo, xa se fixeron socios da entidade e recibiron un diploma. Acordaron, entre outras cousas, facer una comida de irmandade antes de final de mes nun dos restaurantes da Orden (aínda sin determinar) pero a conclusión máis importante é que a entidade xa se amosará en público fóra da zona. Concretamente unha expedición da Gran Orden estará presente na vindeira edición do Xantar en Ourense o vindeiro 7 de marzo.
Outra das boas novas foi a invitación dos Gastrónomos do Yumay (Asturias) para "hermanarse", o que supón xa ir situándose no panorama gastronómico peninsular.
A xuntanza serviu para formalizar a directiva e as competencias, ademais de aprobar un uniformidade que consiste nunha chaquetilla de cociñeiro co anagrama, que vemos na imaxe, bordado.
A idea da G.O.G.Co.Mo non é outra que a de difundir os produtos da terra e do mar "dun xeito totalmente altruista sin interes politico, economico ou empresarial". "Queremos que dunha vez por todas os nosos produtos e restauradores se dean a coñecer, e para iso queremos poñer en valor cada un aportando os seus contactos sendo altavoz das bisbarras e os restauradores facendo cada día mellor o seu traballo. Temos os mellores peixes e mariscos, as nosas carnes son exquisitas pola ausencia de contaminantes na terra e o bo facer dos nosos gandeiros, temos bos restaurantes. Pois coidamos que é a nosa obriga moral compartir cos demais todos estes tesouros", explicaba Pato aos seus compañeiros de andanza.
Discurso do promotor da Gran Orden Gastronómica Costa da Morte
Señor alcalde, cabaleiros e damas da Gran Orde Gastronómica da Costa da Morte que nace coa anuencia, a axuda e o apoio de todos vos unha aventura que non ten outro obxectivo que apoiar, promocionar e defender os productos naturais e a cociña da auténtica Fisterra europea. E fácemolo nun lugar moi apropiado para iniciar esta andaina que tamén pretende estar moi enraizada na historia e no pasado desta terra. Facémolo ao pé do castelo dos Altamira, un lugar dende o que se exerceu durante séculos o dominio sobre o territorio que aos aquí presentes nos preocupa e que pretendemos engrandecer coa nosa humilde aportación.
As vellas paredes das torres de Vimianzo han de servirnos como inspiradoras da fortaleza necesaria para defender os nosos tesouros culinarios, que forman parte do noso patrimonio máis valorado e a que nunca debemos renunciar porque son un dos principais piares da economía e da vida social da nosa bisbarra. Os nosos productos do mar e da terra forman parte das nosas señas de identidade, e como tales debemos darlle a relevancia que merecen e que farán o noso territorio máis valorado.
A mesa forma parte indisoluble da cultura dun pobo. A gastronomía é cultura. E a cultura é básica para o desenvolvemento e o progreso das civilizacións. Na Costa da Morte temos os ingredientes necesarios e suficientes para crear unha corrente gastronómica particularizada, moi atraínte, diversa e rica en moitos aspectos. A nosa bisbarra ten que seguir en alza. Non podemos retroceder nin descender chanzos que tanto nos custou subir. Non podemos deixar pasar nin unha soa oportunidade e para iso poñemos como exemplo a unión e a orixinalidade coa que os establecementos de aquí, da capital de Soneira, souberon innovar ás súas ofertas e pór en marcha campañas inxeniosas que despertaron o interese de gran cantidad de xente.
Estamos aquí sen ningún tipo de ánimo de lucro, nin por interese político nin por vinculación con ningunha empresa ou interese distinto a por en valor o patrimonio gastronómico da Costa da Morte. E queremos facelo con honestidade e co propósito de axudar á sociedade, como punto de apoio a todos aqueles que queiran traballar de forma desinteresada por esta Fisterra que tan lonxe estivo sempre do auxilio oficial.
O noso mar infindo agasallános cada día cos mellores tesouros das súas augas. Os nosos agros, regados dende tempos inmemoriais polo suor dos nosos devanceiros, tamén nos reconfortan cos mellores froitos. De todo iso temos que gabarnos, pero tamén saber darlle unha dimensión social e cultural coa que contribuamos revalorizarnos como colectividade e como comarca. Estar orgullosos do noso tamén é saber amosar o valor do que temos. E esa será unha das nosas funcións.
O noso labor ten que ir encamiñado a converxer con todos aqueles que traballan por promocionar o turismo e o patrimonio cultural destas bisbarras Atlanticas. Nos temos que subirnos ao barco da autoestima e saber sacar proveito dos nosos valores. Da mesma maneira que temos faros que alumían a oscuridade da inmensidade dos océanos, megálitos rodeado de lendas, praias bravas e mansas que poden desencadear traxedias e felicidade ao mesmo tempo e penedos e paisaxes co engado e o feitizo dos paraísos, debemos converter a nosa grastronomía nun dos principales sinais de identidade desta Fisterra. Están aquí presentes moitos dos nosos restauradores da Costa da Morte, homes e mulleres que teñen adquirido un compromiso coa calidade e o esforzo por darlle un selo propio á nosa mesa. Nos podemos, queremos e adquirimos aquí o compromiso de que lles imos axudar.
Estamos aquí para fortalecer a cultura culinaria da Costa da Morte e para acoller a todo aquel que queira contribuir a esta tarefa coa nosa mesma disposición.
- Discurso de José Manuel Pato, promotor da Gran Orden Gastronómica Costa da Morte, o día da súa presentación.
Novas relacionadas
- O Concello de Muxía achégase aos empresarios para camiñar xuntos cara o mar.
- Vimianzo, cruce de camiños entre o padal e o mar.
- Cociñando á beira do mar, con Raúl Góñez: Risotto de Espárragos e Ourizo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).