Venres. 19.04.2024
El tiempo

Nace EmpresasdaCosta

Nace EmpresasdaCosta

4 marcas referencias na internet na Costa da Morte, Galinus, Abertal, Quepasanacosta e Finisterrae lanzan, en tempos de crise, un novo proxecto de dinamización empresarial na Costa da Morte a través da rede: Empresas da Costa: www.empresasdacosta.com.

Esta mesma tarde de luns 23 de xullo, darase a coñecer na presentación para empresarios que terá lugar na Casa da Cultura de Vimianzo. Será a esa hora cando o portal cobre vida.

O proxecto “empresasdacosta.com” ten como principal finalidade ser o punto de encontro entre os empresarios e os potenciais clientes da Costa da Morte a través dun canal: a rede. A ferramenta a través da cal se poñerán en contacto estes dous públicos será un sistema de xestión en rede que funcione a modo de directorio online.

Ademais, Empresas da Costa ofrecerá un servizo de asesoramento individual a cada empresa para unha correcta incursión na rede, e ofrecerá diferentes servizos como a creación de webs básicas, ou un dinamizador sistema de cupóns.

Programa da Presentación

O acto terá lugar o vindeiro luns 23 de xuño ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Vimianzo.

  • 20:00: Recepción.
  • 20:15: “A MIÑA EMPRESA EN INTERNET” Master Class a cargo de Daniel Cerqueiro (Galinus) e Manuel L. Pan (Abertal).
  • 21:00: Presentación do proxecto.
  • 21:30: Clausura do acto a cargo de José Gabín, presidente da Fecom.

Máis información

Fonte


Comentarios