Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Natalia Lema presentará na casa a súa nova obra ‘Do amor e o delirio”

Natalia Lema 2
Natalia Lema presentará na casa a súa nova obra ‘Do amor e o delirio”

A vimiancesa Natalia Lema (Baíñas, 1999), presentará este sábado, 18 de decembro e ás 19:30 horas, o seu novo libro “Do amor e o delirio” na Sala de Conferencias da Casa da Cultura.

Trátase dun poemario repleto de versos sobre o amor, a paixón e o desexo, que precede a “Baos”, unha recompilación de relatos sobre unha aldea anegada, e “Prevención de riscos agrarios na Costa da Morte”, que versa sobre os problemas
laborais no sector primario.

Desde o goberno local agardan que a “veciñanza se achegue a coñecer, sobre todo as persoas que aínda non a coñezan, á nosa Natalia Lema, unha promesa da palabra que leva Vimianzo no máis fondo do seu corazón e da que aprendemos
cada vez que podemos departir con ela”, argumentan.

Natalia Lema 1

Comentarios