Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Nova serie de andainas para coñecer os Recunchos de Vimianzo a pé

Penedos de Traba e Pasarela-O Pato
O Pato dos Penedos
Nova serie de andainas para coñecer os Recunchos de Vimianzo a pé

O Concello de Vimianzo artella un novo programa de andainas baixo o lema Recunchos do municipio a pé.

O primeiro será este domingo, 22 de setembro, cunha camiñada de 8 quilómetros polos Penedos de Pasarela e Traba. Trátase dun dos lugares máis emblemáticos e icónicos do municipio e único no mundo. Unha paisaxe protexida na que se poden apreciar auténticas “obras de artes” esculpidas polo propio paso do tempo e as forzas da natureza.

Para participar é necesario formalizar previamente a inscrición. Pódese facer a través da web municipal ata o venres, 20 de setembro, ás 13:00 horas.
A saída será ás 9:30 horas e o regreso está previsto, aproximadamente, para as 14:00 horas. Para a ruta recoméndase levar roupa e calzado apropiado para a actividade física e algo de comida.

Seguintes percorridos

PROGRAMA DE ANDAINAS RECUNCHOS 2024

O programa inclúe outra dúas andainas. O 5 de outubro será polo Vieiro Fidalgo, unha ruta sinalizada que conecta Berdoias e Boallo. Ao longo deste percorrido poderase gozar do patrimonio histórico e arqueolóxico de Berdoias, así como o dolmen da Casota de Freáns ou os petróglifos do Pedrouzo, entre outros.
Por último, a última camiñada será pola Vía Mariana, que transcorre por Vimianzo entre o Orbellido e Berdoias. Trátase dunha ruta que se inicia na cidade de Braga, en Portugal, e remata en Muxía, e ten o obxectivo de recuperar antigos camiños históricos polos territorios do interior de Galicia e o norte do país luso.
Para esta andaina habilitarase servizo de autobús para desprazarse desde Berdoias ata o punto de partida. 

Máis novas

Comentarios