As novas instalacións da Gandaría Os Loureiros, exemplo de innovación
Inagurábanse esta semana as novas instalacións da Gandaría Os Loureiros. E ata Vimianzo achegouse unha comitiva da Xunta comandada pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, coa rexedora Mónica Rodríguez como anfitrioa. Porque a nova gandaría soneirá acaba de dar un salto tecnolóxico, convertíndose en símbolo de modernidade e a innovación que caracterizan o sector lácteo galego.
Os representantes da Xunta parabenizaron tanto aos titulares da gandaría, Celestino Pose e Víctor Lavandeira, como ao Grupo Lence, representado neste acto pola súa presidenta, Carmen Lence, por esta aposta de mellora das condicións que lle garanten un futuro digno.
Os Loureiros ten un censo que supera os 800 animais e produciu o ano pasado máis de 4,6 millóns de litros de leite, sendo unha explotación única en España e que ocupa un lugar destacado en Europa pola súa innovación tecnolóxica.