luns. 19.05.2025
El tiempo

Novo curso de iniciación á fotografía en Vimianzo con Roberto Rúa

Novo curso de iniciación á fotografía en Vimianzo con Roberto Rúa
Curso de Fotografia en Vimianzo con Roberto Rua

Non paran por Vimianzo de aprender fotografía. Desta volta é Roberto Rúa, colaborador gráfico desta casa, o que arrinca cun "Curso de Fotografía. Nivel Iniciación", de balde, prantexado para os domingos do mes de marzo.

O propio Rúa explica o sentido do curso cunha frase: "Coñece a túa cámara e fai que as túas fotos sorprendan aos demais". E niso consistirá o curso que arrinca o domingo 9 de marzo ás 17:00h, tendo sesións tamén os días 16, 23 e 30 do mes.

Poden apuntarse a través do correo electrónico en robertorua@hotmail.es ou preguntando no Concello de Vimianzo, que colabora na organización.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios