O alcalde de Vimianzo renunciou ao posto do Consello da CRTVG
O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos, poderá adicarse exclusivamente á sua labor no Concello, tras renuncoar ao posto que ocupaba no Consello de Administración da Compañía de Radio e Televisión de Galicia, por elección directa do Parlamento. “Estou moi orgulloso, como soneirán e vimiancés, de ocupar un cargo de tanto nivel, pero o compromiso con Vimianzo faime renunciar a aspiracións persoais para servir o meu pobo con plena dedicación”, di o alcalde.
A pesar das críticas que suscitou estes meses a súa doble vida laboral, Manuel Antelo foi a primeira persoa desta comarca en ocupar un posto deste nivel nun órgano que rexe os destinos da televisión e da radio galega.
Pero quere asegurar que "durante estes tres meses de alcaldía estivo dedicándose ás funcións do seu cargo compatibilizándoas coas responsabilidades que tiña no Consello de Administración, e en ningún momento percibiu 1 céntimo de euro das arcas municipais, aínda que a dedicación, sen ser exclusiva ao concello, era plena", explican dende o Gabinete da Alcaldía.
IxVim reitera as súas críticas
Ao tempo, Independientes por Vimianzo continúan coas súas críticas polo "enchufismo" do novo goberno así como o derroche coa reforma dos novos despachos.
Fala tamén o grupo opositor da Casa da Cultura, asegurando que o alcalde "foi mentindo aos veciños dicía que el non ia pagar, poucos días antes de saír a sentencia mantiña que a sentencia ia ser revocada, meteunos nun problema e agora pidenos que lle digamos como solucionalo". Lembran ademais que ata "os seus actuais socios de goberno, ai están as actas, recomendaronlle non recurrir que iso incrementaria substancialmente a cantidade a pagar. Pero non fixo caso", láisanse dende IxVim.
E para rematar, fai referencia á "dobre visión" do grupo da alcaldía, pois "el levou a actual depuradora ante a xustiza, perdeu, xa que non tiña razón pero con descaro fai a foto da inauguración, debe ser parte da “herencia” que lle gusta.
Novas relacionadas
- IxVimianzo indígnase coa xestión e o cinismo do alcalde.
- En marcha as obras da depuradora de Baíñas.
- O PSOE entra no goberno de Vimianzo.
- Antelo quere chamar ás empresas cunha rebaixa dun 90% nos impostos.
- IxVimianzo clarexa a súa postura sobre a sentencia da Casa da Cultura e pide austeridade.
- IxVimianzo denuncia que Antelo comeza “enchufando” á número 5 da súa lista.
Fonte
- Notas de prensa do Gabinete de Alcaldía e do IxVimianzo.