Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O Anorthosis ficha un estranxeiro

O Anorthosis ficha un estranxeiro

Tremenda a aporta do Anorthosis Vimianzo, que ficha a un xogador inglés, Chistopher Loffman, ata final de temporada. Trátase dun inglés que está a pasar unhas longas vacacións aquí na comarca, concretamente en Xaviña, Camariñas, e está entrenando co clube vimiancés dende hai un mes. Segundo nos conta o propio Estevo Lema, resposable do clube, trátase "dun xogador dun nivel parello ao noso pero que lle encanta este deporte". Iso si, de seguro que algún pequeno problema de comunicación teñen porque Loffman apenas fala castelán. Así que terán que poñerse as pilas co inglés os membros do clube...

2ª Galega

  • ANORTHOSIS VIMIANZO, 2 - CONXO PONTE DE FERRO, 5.

Sorprendente a derrota de Anorthosis ante un rival en principio inferior (na 1ª volta gañou Anorthosis 7 - 0), pero unha tarde fatal de todos os xogadores locais fixo que os de Santiago se levasen unha vitoria inesperada. Esperemos que solo fose unha mala tarde e que non repercuta nos vindeiros encontros.

3ª división galega

  • LICEO JUNIOR, 1 - ANGEPON, 6

Resultado normal contra os rapaces de Noia. O Angepon segue a súa marcha en prol do ascenso a 2ª galega e cumprindo cos pronósticos. Moi ben Andrés Bouzas dando mostras da melloría do seu xogo e conseguindo puntos antes rivais aos que antes non gañaba.

Vindeira semana

  • BREOGÁN OLEIROS "C" - ANORTHOSIS VIMIANZO: Sábado 19 de febreiro ás 17:00h en Bastiagueiro.
  • ANGEPON - DUBRATAMBRE "3": Sábado 19 de febreiro ás 17:00h en Zas.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios