O Asalto ao Castelo chega ao mercado de Abastos de Santiago
22:09 19/06/17
Os irmandiños representaron unha revolta campesiña para promocionar en Compostela a festa do Asalto ao Castelo de Vimianzo
O mercado de Abastos de Santiago de Compostela viviu o pasado sábado unha revolta de campesiños rememorando o 550 aniversario da Guerra Irmandiña. A festa do Asalto ao Castelo de Vimianzo presentouse desta forma sorprendendo a comerciantes e visitantes que crían estar presenciando unha curiosa manifestación política. Polos diferentes postos de peixe, carne e verduras os irmandiños foron chamando á revolución e ao ataque á nobreza con megafonía, percusión e até un corno de vaca.
O lugar non foi escollido por azar, e é que onde se sitúa hoxe a praza de Abastos tiña o seu pazo a familia dos Moscoso de Altamira, señores da fortaleza de Vimianzo desde o século XV. Trala chamada á guerra na torre central da praza, os campesiños convidaron ao público a achegarse á aula gastronómica, onde tivo lugar a presentación oficial da festa e un showcooking de cociña medieval.
Coa presenza do alcalde de Vimianzo - Manuel Antelo - e a concelleira de Cultura - Marta Rey -, convidouse aos turistas a coñecer esta festa histórica que ten o seu día grande no sábado 1 de xullo, con gastronomía, teatro, moitas actividades e os concertos de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Muchachito, Heredeiros da Crus e Festicultores.
Na aula, puidéronse degustar dous pinchos irmandiños, feitos con ingredientes da época, da man do equipo formado por Anna Mayer e Jorge Guitián. Eles foron os encargados de introducir ao público na cociña da Idade Media contestando ás diferentes preguntas e curiosidades dos asistentes, desvelando por exemplo, como era a presentación dos pratos naquela época, bastante diferente ao estilo refinado da actualidade.
[fbvideo link="asalto-vimianzo-mercado-abastos" width="500" height="400" onlyvideo="1"]
Novas relacionadas
- Asalto 2017: Continúa aberto o prazo para anotarse na III Legua Irmandiña
- Asalto 2017: A representación teatral do Asalto ao Castelo conmemora os 550 anos de Guerra Irmandiña
- Asalto 2017: Aberto o prazo para a III Legua Irmandiña
- Asalto 2017: Muchachito e Festicultores Troupes únense ao cartel do XXII Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2017: Asociacións e grupos da Terra de Soneira invitados a participar no desfile das Irmandades Parroquiais do Asalto ao Castelo
- Asalto 2017: Xabier Díaz e Herdeiros da Crus tocarán na XXII edición do Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: Os irmandiños volven a Vimianzo
- Asalto 2016: Dezaoito pinchos irmandiños poñen o toque gastronómico do Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: O Asalto ao Castelo premia aos mellores traxes medievais e ás fachadas mais singulares
- Asalto 2016: Os irmandiños presentan o cartel do XXI Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: Póñense á venda as primeiras entradas para a Cea Medieval do Asalto
- Asalto 2016: Ábrense as inscricións para a VI feira artesanal do Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: Os hostaleiros de Vimianzo prepáranse para os pinchos irmandiños
- Asalto 2016: O Asalto ao Castelo quece motores cunha reunión organizativa
- Asalto 2015: O XX Asalto ao Castelo 2015, xa no youtube.
- Asalto 2015: A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2014: Os rollos da Marquesa; gañador dos pinchos irmandiños do Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).