O Batansiño de Servia xa traballa no Mosquetín


E chegou. 18 anos despois, o Batanciño de Servia puido chegar ao seu destino. Este pasado sábado foi estreada no Conxunto Etnográfico dos Batáns do Mosquetín a maqueta que a familia Ces Ces de Lousame doara á Deputación da Coruña en 1999.
O responsable da área de Patrimonio da Deputación, Xesús Soto, entregou a maqueta para que se instale no que considerou o seu “espazo natural”, nunha xornada moi emotiva. O alcalde Manuel Antelo, o presidente do Semescom Xosé María Lema Suárez (que precisamente nos contaba a peripecia histórica do Batansiño), o responsable do conxunto Moncho Gándara, ou o guía local, Manuel Rial, participaron nesta estrea.

Ademais de repasar a historia do coñecido Batansiño, concello e Deputación valoraron a colaboración en prol da posta en valor do patrimonio cultural, lembrando ademais que neste mes de febreiro aprobarase o Convenio de colaboración para a Xestión do Castelo e os Batáns.
Novas relacionadas
- O Batanciño de Sevia chega a Mosquetín 18 anos despois.
- Os Batáns do Mosquetín estrean maqueta.
- Vimianzo edita novos folletos dos Batáns do Mosquetín e do Castelo
- O concello de Vimianzo asume a xestión dos Batáns do Mosquetín
- Redacción QPC ([email protected])