O BNG vimiancés denuncia que a declaración pantasma de Cereixo como Porto Xacobeo é para aprobar o POL
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2010/12/30/cereixo-porto-xacobeo-500x3321.jpg)
11:03 30/12/10
![cereixo-porto-xacobeo-500x332](/media/quepasanacosta/images/2010/12/30/cereixo-porto-xacobeo-500x3321.jpg)
Plan do Litoral
Dende o BNG que este declaración pode ter relación coa aprobación do POL na parroquia vimiancesa. Unha parroquia que ten moito rexeitamento entre a veciñanza, quen considera Cereixo como interior e non como Costa. “Non se pode tratar de evitar o Plan do Litoral e de seguido pedir a declaración de Porto Xacobeo”, di o voceiro nacionalista; “Con esta decisión Borbujo e o PP están prexudicando aos veciños e veciñas que non queren o Plan do Litoral”, advirte Manuel Antelo. Nese sentido, os nacionalistas están convencidos que esta actuación do PP de Vimianzo é para xustificar a aplicación do Plan do Litoral ás parroquias de Cereixo e Carnés. “Con esta actuación Borbujo ponse do lado da Xunta e en contra de Carnés e de Cereixo, avalando e amparando o Plan do Litoral”; di Manuel Antelo.Novas relacionadas
- O presidente de Portos nomea provisionalmente a Cereixo Porto Xacobeo a petición do PP local.
- O BNG de Vimianzo propón unha alegación conxunta contra o POL en Cereixo e Carnés .
Fonte
- BNG de Vimianzo.