sábado. 09.11.2024
El tiempo

O Castelo de Vimianzo consolídase como un dos referentes turísticos da Costa da Morte con 37.300 visitantes en 2018

O Castelo de Vimianzo consolídase como un dos referentes turísticos da Costa da Morte con 37.300 visitantes en 2018
Concerto no Castelo de Vimianzo Imaxe dun marabilloso Concerto nocturno no Castelo de Vimianzo

Mentres Dombate estáncase e non supera a barreira dos 30.000 visitantes o Castelo de Vimianzo continúa medrando, e afianzándose como un dos meirandes reclamos patrimoniais da contorna. Se o ano pasado rozaban os 30.000 este 2018 incrementouse nun 25% o número de visitantes chegando aos 37.300.

O maior número de visitas concentrouse nos meses de xullo, agosto e setembro, con case a metade das visitas e unha media de máis de 6000 visitas mensuais.

As visitas guiadas son un dos principais reclamos da fortaleza vimiancesa. Estas visitas están adaptadas ao tipo de público, destacando as visitas de grupos escolares.

Ademais deste tipo de actividades o Castelo de Vimianzo foi, durante o pasado verán un dos centros culturais do concello, xa que nel se celebraron distintos espectáculos que tiveron unha enorme acollida por parte do público.

O Concello de Vimianzo ten previsto mellorar os accesos e a contorna da fortaleza coa creación dun parque público nos terreos lindeiros da mesma.

Os Batáns

Nas visitas guiadas do Conxunto etnográfico dos Batáns do Mosquetín participaron case 2000 persoas. Hai que recordar que este conxunto etnográfico pode visitarse de maneira libre durante todo o ano.

Novas relacionadas

Comentarios