O concello de Vimianzo participa nas xornadas de Europa cos Cidadáns
07:06 22/02/17
Rosa Sánchez, axente de desenvolvemento local do concello de Vimianzo, presentou o programa europeo no que participa o municipio
A axente de desenvolvemento local do concello de Vimianzo - Rosa Sánchez - participou onte nunha xornada informativa sobre o programa Europa cos Cidadáns, que se desenvolveu nas instalacións da Secretaría de Estado de Cultura, en Madrid.
O traballo da xornada dividiuse en dúas partes, na primeira presentáronse os casos prácticos do concello de Vimianzo - European Rural Network for Job Mobility - , da fundación Altius Francisco de Vitoria (European Citizens for Solidarity) e do concello de Murcía (All Quiet on the Western Front).
Rosa Sánchez explicou o desenvolvemento do programa European Rural Network for Job Mobility, liderado polo concello de Vimianzo e no que participan entidades locais do Reino Unido, Italia, Polonia, Portugal e Eslovaquia. Este programa ten como obxectivo principal conectar as persoas de diferentes países da Unión Europea e máis alá da Unión que viven conxuntamente nas mesmas comunidades locais, para sensibilizar acerca dos seus valores e necesidades comúns, así como para promover o empoderamento das súas diferenzas sociais e multiculturais, a través da creación dunha rede de municipios rurais europeos para a mobilidade laboral que funcione a favor da integración social e laboral da cidadanía, co fin de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador da Europa rural.
Durante o ano 2016 desenvolveronse xuntanzas de traballo en Vimianzo, Portugal, Polonia e Reino Unido. Durante o 2017 desenvolveranse xuntanzas de traballo nos outros concellos participantes e no outono, Vimianzo acollerá un congreso internacional no que se plasmarán as conclusións do proxecto.
Novas relacionadas
- 01-12-16: Vimianzo leva ata Irlanda do Norte o seu proxecto de mobilidade laboral
- 22-09-16: Vimianzo participa nun encontro internacional sobre a mobilidade laboral que se celebra en Portugal
- 18-05-16: Vimianzo estreita lazos laborais en Polonia
- 18-03-16: As administracións potenciarán o emprego no rural coa formación e a inclusión social.
- A emigración e a inmigración exponse a debate en Vimianzo
- Vimianzo acolle un encontro internacional sobre a Mobilidade Laboral
- A Rede Europea para a Mobilidade Laboral para en Vimianzo
- Camariñas importa e exporta dende Italia sabedoría na produción local.
- O concello de Vimianzo abre o prazo para inscribirse proxecto Youth acting in Rural Europe.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo