Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo impulsa unha xornada de asesoramento para a instalación de naves no parque empresarial

Visita da SEA ao poligono de Vimianzo
A Xerente de SEA na súa última visita ao polígono de Vimianzo
O Concello de Vimianzo impulsa unha xornada de asesoramento para a instalación de naves no parque empresarial

Despois da recente visita a Vimianzo da Xerente de SEA (Suelo Empresarial del Atlántico), Beatriz Sestayo, iniciáronse as xestións para artellar unha xornada de asesoramento individual a persoas empresarias ou emprendedoras interesadas en investir no Parque Empresarial de Vimianzo. O seu obxectivo será dar resposta ás preguntas dos inversores, preocupados por cuestións relativas ao terreo útil de cada parcela, aos requisitos urbanísticos, ás dotacións, etc.

O prazo de solicitude de cita estará aberto entre os días 2 e 23 de setembro. Poderase acudir ao Departamento de Promoción Económica ou empregar o formulario online que se poñerá a disposición pública na páxina do Concello de Vimianzo nese período. Despois comunicaranse os horarios de cita asignados.

Comentarios