Luns. 05.06.2023
El tiempo

O Concello vimiancés informa das Axudas culturais e deportivas ás asociacións ante as críticas do Soneira

O Concello vimiancés informa das Axudas culturais e deportivas ás asociacións ante as críticas do Soneira
Dende o Concello vimiancés, informan das subvencións ás asociacións que veñen de aprobar para a realización de actividades de carácter cultural e deportivo. As asociacións deportivas que se presentaron recibiron todas elas maiores cantidades que en anos anteriores. Destaca o Soneira que leva o 70% da cantidade total dedicada ao deporte, cun total de 6.600€, a pesar das críticas que podemos ler abaixo. Séguenlle asociacións como o Club de Fútbol de Veteranos de Vimianzo, Neira Marcos ou Cherinkas con 400, € cada unha. Entre as asociacións culturais e de carácter xeral destaca Cherinkas con 2.900,€, o 30% do total, para promocionar o XVI Asalto ao Castelo; séguenlle asociacións como as Nemanquiñas, a Asociación de Veciños de Pasarela, Asociación Cultural O Castelo de Vimianzo (que vemos na foto na última viaxe ao San Froilán de Lugo) e Neira Marcos de Salto con 750,€; e as demais asociacións con diferentes cantidades, en función do baremo aplicado. O alcalde destaca o consenso acadado nestas subvencións co voto favorable de todos os grupos menos IxV, que se abstivo.

Críticas dende o Soneira

Ao mesmo tempo, o presidente do Soneira, Juan Silva, quere manifestar a súa "decepción" co alcalde vimiancés. E o sinala despois de manter unha xuntanza con el ao subir á alcaldía cando prometeu unha "gran implicación coa S.D. Soneira". De aí que o clube se decidise por apostar por un Sobeira B, unha sección de veteranos e aumentaron as categorías inferiores. Pero agora láiase o presidente, e denuncia que "o que chama o concello “gran colaboración” supón un incremto respecto doutros anos de 600 €, o que ven facendo que por cada ficha de xogador, o Soneira percibe uns 6 euros máis. O Alcalde non debe saber que cada fiche vale un mínimo de 50 €.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Concello de Vimianzo e do Soneira.

comentarios