![]()
Como xa empeza a ser tradicional, a
festa de Entroido da parroquia vimiancesa de Baiñas celebrarase este ano o sábado 17 de febreiro. Coma en anos anteriores, o programa incluirá desfile de comparsas e grupos con premios aos mellores en cada categoría e tampouco faltará a degustación popular de lacón con grelos e filloas a prezos populares.
As comparsas ou grupos que desexen anotarse para o desfile deberán contactar con Javier (667654088). Todas as comparsas que participen no desfile recibirán unha axuda económica do Concello de Vimianzo.