Martes. 23.04.2024
El tiempo

O GDR informa

O GDR informa

Parece claro que o GDR busca inversores. A entidade dedicada a xestionar os fondos europeos, busca xente con gañas de crear un novo negocio, e para iso artella unhas novas xornadas informativas.
A Xornada de Difusión de Proxectos LEADER e Promoción do Territorio terá lugar este sábado día 8 na casa da Cultura de Vimianzo. A inauguración, ás 9.30 horas, correrá a cargo de Manuel Muiño Espasandín, Presidente da Asociación da Costa da Morte-GDR; José Antonio Santiso Miramontes, Presidente da Asociación de GDRs de Galicia; e Antonio Aguión Fernández, Xefe Territorial da Consellería do Medio Rural de A Coruña.

Manuel Muíño comezará a xornada presentando algúns dos proxectos LEADER que se veñen financiando pola asociación dende os seus comezos. Os asistentes tamén terán a oportunidade de informarse dos procedementos e medidas das axudas LEADER. A ponencia, realizada por José Antonio Vila García, xerente da asociación, pretende dar a coñecer todos os pasos precisos para que os interesados poidan presentar proxectos.

A xornada continuará con unha mesa redonda, coordinada por Manuel Soto, vicepresidente da asociación, na que participarán diversos promotores que falarán das iniciativas que veñen levando a cabo no territorio.

Tamén se darán a coñecer proxectos de cooperación a nivel estatal. En particular, falarase do proxecto de Calidade Agroalimentaria, financiado polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, no que participa o GDR Costa da Morte. Para informar desta iniciativa de colaboración, que permitirá ampliar experiencias de aprendizaxe gracias ao traballo en rede, contarase coa presencia de Manuel Buendía González, Director Xeral do Instituto de Desarrollo Comunitario de Madrid, que ofrece asistencia técnica a REDER, a Rede Estatal de Desenvolvemento Rural.

Antes do acto de clausura, que correrá a cargo de Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo e Manuel Muiño, terá lugar a presentación da guía turística do territorio GDR, elaborada pola asociación este ano, que ofrece información do patrimonio histórico, cultural, natural, festas e rutas dos concellos incluídos dentro do territorio de acción do GDR Costa da Morte.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do GDR Costa da Morte.

Comentarios