Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Goberno de Vimianzo acusa á oposición de seguir poñendo trabas

O Goberno de Vimianzo acusa á oposición de seguir poñendo trabas

Completa foi a semana pasada en Vimianzo en materia política. A denuncia da ex concelleira do PSOE ao alcalde por suposta chantaxe, a petición dos edís censores dun pleno para eliminar a dedicación exclusiva do alcalde e a leña ao lume do PP protagonizaron días de voráxine política no concello soneirán.

Hoxe, o grupo de goberno, alterado por tanto movemento, acusa á oposición de “seguir intentando poñer trabas ao normal funcionamento do concello”. Non entenden que os censores “ intenten impedir que os presupostos do presente ano sexan aprobados, nunha nova tentativa de frear o funcionamento normal do traballo municipal, que o único que consegue é impedir dar o servizo que lles corresponde aos veciños e veciñas de Vimianzo”.

Denuncia o grupo do BNG que “o seu único fin destruír e derrocar o Alcalde”. Por iso, queren deducir dende a alcaldía que “presentamos uns bos presupostos, cando non hai ningunha cuestión deles á que fagan referenza”. I é que “os presupostos municipais foron debatidos en dous plenos sen que ningún dos concelleiros que agora presentan este escrito votase en contra dos mesmos, “non é de recibo que intenten agora boicotealos co fin de paralizar o concello”.

Remata o alcalde lamentando que “se estivesen interesados en mirar polo ben dos veciños farían propostas construtivas e non investirían o tempo en buscar artimañas para ver de que xeito poden impedir que o goberno traballe polos veciños”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do grupo de goberno do Concello de Vimianzo.

Comentarios