venres. 16.05.2025
El tiempo

O IGAPE intentou explicar as súas axudas en Vimianzo

O IGAPE intentou explicar as súas axudas en Vimianzo
Javier Aguilera e Gabin en Vimianzo

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, presentou onte nunha xornada técnica en Vimianzo as novas axudas convocadas no arranque de 2015 pola Consellería de Economía e Industria, co apoio da FECOM en apoio do tecido empresarial, e resaltou que estes apoios servirán para apuntalar a competitividade, o investimento e a internacionalización do tecido económico da Costa da Morte. Neste senso, Aguilera subliñou que estas axudas, que suman 6,5 millóns de euros, “terán especial intensidade na zona”.

O primeiro dos programas postos en marcha en 2015, resaltou, mobilizará preto de 10 millóns de euros para apoiar a emprendedores ou pemes que aposten por renovar os seus equipos produtivos para mellorar a súa competitividade. No caso da Costa da Morte, os beneficiarios contarán con subvencións un 5% superiores ás que lles corresponderían aos mesmos proxectos se fosen desenvolvidos noutras zonas de Galicia.

No eido da internacionalización, as empresas da Costa da Morte tamén poderán acadar subvencións un 5% superiores ás da maioría das comarcas, ao abeiro da convocatoria para facilitar a contratación de xestores expertos en comercio exterior. Os apoios poden cubrir ata o 95% do salario neto dos expertos contratados ao amparo desta liña. T

Para facilitar a mellora da competitividade das empresas, o Igape vén de poñer en marcha ademais, por primeira vez, un programa para incentivar a formación de capital humano favorecendo a cooperación e o aproveitamento de sinerxías entre varias pemes, no marco de proxectos promovidos por organismos intermedios empresariais, con preferencia para centros tecnolóxicos. Por último, a estes programas se lles suman as bolsas do programa ReAcciona, que permitirá a 100 novos titulados obter formación práctica especializada colaborando na implantación dos proxectos de mellora que se impulsarán en 2015 en máis de 300 empresas.

Fonte

  • IGAPE

Comentarios