domingo. 18.05.2025
El tiempo

O niño do Marqués de Altamira do Restaurante Vázquez, Mellor Pinchos Irmandiño 2016

O niño do Marqués de Altamira do Restaurante Vázquez, Mellor Pinchos Irmandiño 2016
O Restaurante Vazquez e o Montevideo-Mellores Pinchos Irmandinos O Restaurante Vazquez e o Montevideo, Mellores Pinchos Irmandiños

Espectacular foi esta esta edición do Asalto ao Castelo de Vimianzo. Pero aínda se escoitan os ecos da revolta irmandiña, en clave gastronómica. Xa temos os premiados do Concurso de Pinchos Irmandiños no que participaron 16 establecimentos.

Os clientes foron os que escolleron cos seus votos os mellores. O mellor pincho foi para O niño do Marqués de Altamira do Restaurante Vázquez, mentres que o mellor local decorado levouno a Parrillada Montevideo. Pola súa banda, os participantes que votaron no concurso entraron nun sorteo dun lote de produtos Mahou en función do peso da persoa gañadora, neste caso Ismael Fuentes Rojo.

O Nino do Marques de Altamira-Pincho Irmandino do Restaurante Vazquez O Niño do Marqués de Altamira, o Pincho Irmandiño do Restaurante Vázquez

Concurso de Fachadas

1º Premio Concurso de Fachadas do Asalto Ao Castelo de Vimianzo 2016 1º Premio Concurso de Fachadas do Asalto Ao Castelo de Vimianzo 2016

Alén diso, na tarde do sábado fíxose entrega dos premios do IV Concurso de fachadas. Nesta edición houbo premios para vivendas e para establecementos de forma diferenciada.

Deste xeito, na categoría de vivendas o primeiro premio foi para un balcón do número 28 da Praza Roxa e o segundo para a fachada do número 16 da rúa Castelao, con cabeza de dragón incluída.

Na categoría de establecementos, o primeiro galardón levouno o escaparate de Carola Moda e o segundo MD Carril, os dous tamén na rúa Castelao.

2º Premio Concurso de Fachadas do Asalto Ao Castelo de Vimianzo 2016 2º Premio Concurso de Fachadas do Asalto Ao Castelo de Vimianzo 2016

Novas relacionadas

Comentarios