Vimianzo segue formándose en materia TIC


As aulas de Vimianzo e Carballo da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT), situadas no Centro Social e no Pazo da Cultura, respectivamente, acollerán ao longo de toda o vindeira semana un curso sobre Xestión de Contidos (CMS). A actividade, de carácter gratuíto, forma parte do Plan de Formación 2011 da Rede CeMIT da Xunta de Galicia.
Con este curso preténdese que o alumnado aprenda a crear e manter sitios ou portais web de xeito sinxelo e rápido. Ademais, coñecerán todos os pasos a seguir ao longo de calquera produción web.
O curso combina actividades presenciais e on-line. Así, durante os catro días que dura o mesmo, emitirase na aula un capítulo do video documental realizado para a ocasión cos contidos do curso seguido dunha explicación e resolución de dúbidas (titorización) por parte do técnico experto a través de videoconferencia.
Novas relacionadas
- Vimianzo aprende novas formas de marketing online.
- Inaugurada a nova Aula TIC de Fisterra.
- A Costa da Morte dinamiza o Turismo da Coruña.
- Galinus traballa pola redución da fenda dixital nas áreas rurais do país.
- Galinus amosa en Vimianzo as vantaxes das ferramentas 2.0.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
- QPC e Galinus, finalistas por partida doble dos premios Eganet 2010.
- 3 representantes da Costa da Morte na cúpula das TIC galegas.
- A Costa da Morte á cola da implantación da internet en Galicia.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).