Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Vimianzo aprende novas formas de marketing online

Vimianzo aprende novas formas de marketing online
Este pasado luns daba comezo en Vimianzo un novo Curso de Estratexias de Marketing en Internet. Curso que imparte a Xunta a través da súa Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT). Rede na que tamén están incluídos os concellos de Fisterra, onde a aula xa foi inaugurada, e Corcubión e Camariñas, que agardan polos seus Axentes TIC. Así, o Telecentro de Vimianzo é todo un centro de formación en novas tecnoloxías como o corroborou o curso de redes sociais que impartiu Galinus o pasado mes de xaneiro. A novedade do curso impartido pola Xunta e que remata este vernes, é que o mestre está presente no Telecentro vimiances a través dunha videoconferencia. Ademais, tamén participan as aulas CeMIT de Ferrol e Ribeira.

Obxectivos

A Rede CeMIT ten como obxectivo facilitar o acceso igualitario da cidadanía á formación dixital. Con este curso preténdese dar a coñecer a organización das redes sociais on-line como expoñente dos novos valores de relación e comunicación en Intenet. Ademais, darase a coñecer o papel dos usuarios de Internet como emisores e transmisores de contidos e non como simples receptores de información así como os modos máis axeitados de participación dentro das redes sociais on-line.

Máis cursos en Vimianzo

Ademais, dentro das actividades formativas do Plan Integrado de Emprego, vaise impartir un Curso de Primeiros Auxilios, en Vimianzo. O curso vaise celebrar do 4 o 7, e do 11 o 14 de abril na Casa da Cultura de Vimianzo, impartíndose por profesionais da Cruz Vermella, de 4 da tarde á 9 da noite, cunha duración de 40 horas. Para inscribirse ou solicitar máis información, poden poñerse en contacto con Lucía ou Marta no teléfono do Concello de Vimianzo 981 710 061 ext. 219 ou a través do enderezo electrónico [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios