![xeriatrico-vim-3]()
A semana pasada o Goberno Municipal do Concello de Vimianzo denuncia a falta de apertura do Centro de Día, como prometera no 2007 a Xunta.
Hoxe é a líder do PP, Carmen Borbujo, quen solicita
"cordura e sentido común" no asunto. Borbujo considera que o tenente de alcalde de Vimianzo, "perde a noción de responsabilidade municipal a pouco máis de dous meses das eleccións municipais".
De igual xeito califica de "un
despropósito a intención do tenente de alcalde, Antonio Miñones de solicitar á Xunta a reversión dos terreos nos que se sitúa a Residencia da terceira idade". Ademais pregúntase
"Que faría se a Xunta devolve as terras ao Concello, destruiría a residencia de maiores ou se faría cargo da súa xestión?"
Tan palabras persoais tamén para o propio Miñones do que destaca "
as gañas do trono da alcaldía do PSOE". E continúa "Antonio Miñones, en menos dun mes o único que pretende facer é gastar diñeiro, primeiro quere recibir o polígono industrial, descoñecendo os gastos que isto supón, e posteriormente ansía facerse cargo duns terreos que sen dúbida, o Concello non pode asumir" explica a líder do popular.
Borbujo recorda que a Residencia de maiores, aínda que abriu as súas portas, aínda debe alcanzar o pleno rendemento.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do PP de Vimianzo.