O presidente de Portos nomea provisionalmente a Cereixo Porto Xacobeo a petición do PP local

10:53 20/12/10
O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, colocou esta pasada fin de semana na parroquia vimiancesa de Cereixo o distintivo que acredita ao lugar como “Porto Xacobeo”. Unha acción que Álvarez-Campana realizou a petición da voceira popular no Concello, Carmen Borbujo e sen a participación do resto da corporación municipal. De feito, non houbo representantes das outras forzas políticas e o acto desenvolveuse sen representantes do BNG nin do PSOE.
A propia Borbujo denunciaba a pasada semana a “pasividade” do goberno local nunha zona que, segundo os populares, pertence a Costas. Non quedou atrás o presidente de Portos, quen criticou “a deixadez de Costas e a falla de compromiso coa Costa da Morte”.
De todos os xeitos, o monolito ten un carácter provisional, xa que debe ser a Dirección Xeral de Costas a que dea os permisos para a ubicación definitiva.
Costa ou interior?
As posturas continúan moi distanciadas entre os grupos políticos. I é que o BNG ten solicitado a eliminación do POL do concello vimiancés, ou cando menos a influencia do mesmo sobre Cereixo, entendendo que tanto a vila histórica como Carnés son de interior.Novas relacionadas
- Recunchos da Costa: Cereixo.
- O BNG de Vimianzo propón unha alegación conxunta contra o POL en Cereixo e Carnés .
Fonte
- Redacción de Fran Lago para QPC ([email protected]).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.