xoves. 22.05.2025
El tiempo

O PSOE vimiancés, apoiado por Moreda, asegura “non entender de traicións"

O PSOE vimiancés, apoiado por Moreda, asegura “non entender de traicións"

A pasada semana, o Presidente da Deputación Provincial da Coruña, o señor Salvador Fernández Moreda, mantivo unha xuntanza de traballo cos membros do PSOE de Vimianzo José Antonio Miñones Riveiro, José Manuel Rodríguez Blanco (Roque) e con Montserrat Vázquez Miñones na Deputación Provincial da Coruña.

Salvador ofreceulle a Miñones (candidato á alcaldía de Vimianzo nas vindeiras eleccións municipais) e aos seus compañeiros "todo o seu apoio e confianza para concorrer as vindeiras eleccións".

O propio Miñonesa asegura que "tanto Salvador como nós navegamos no mesmo barco e rumbo á mesma dirección". E destacou que "hai moitas cousas que nos unen, entre elas que nin nos nin el entendemos nin sabemos de traicións. Outros non poden dicir o mesmo", afirmou.

Temas tratados

A xuntanza serviu entre outras cousas para tratar os seguintes temas e que son de moito interés para os veciños do Concello de Vimianzo. José Antonio Miñones (Tenente Alcalde ) e José Manuel Rodríguez Blanco (Concelleiro de Obras e Urbanismo) ámbolos dous do PSdG-PSOE, na actualidade no Concello de Vimianzo, interesáronse polo trámite e xestións dos expedientes que se refiren as seguintes obras:

  • Obras do POS 2011, onde vai incluído o futuro Centro Sociocultural de Baíñas por un valor de 250.000 euros.
  • Obras do PCC (Plan de Cooperación cos Concellos), onde vai incluída a obra de “Saneamento Integral do núcleo da Piroga (Bamiro) por un valor de 430.000 euros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE de VImianzo.

Comentarios