O XX Asalto ao Castelo 2015, xa no youtube
Impresionante. Probablemente a representación máis traballada das 20 edicións do Asalto ao Castelo. Esa representación teatral que fai tan singular a festa vimiancesa por excelencia e que da man do director Ghillermo Méndez xa podemos ver en vídeo.
Foi o pasado 4 de xullo, cando todos os irmadiños do país alzáronse contras os nobles da fortaleza de Soneira. A “Herdanza Meiga” foi o nome deste ano, sempre dándolle unha volta pero mantendo o fío da verdadeira historia irmandiña.
Aí estiveron liderando un equipo de máis de 20 persoas, como protagonistas Andrea Rodríguez como Inés, Irene Espasandín como a meiga Urraca, Hugo Ruíz como paiaso-conde Lope Sanches, Mari Luz Fernandez como sacerdotisa e Raquel Alvite como a Condesa Aldonza.
Apenas uns detalles co son, pero non deixedes de zamparvos a media hora de teatro irmandiño. Nas vindeiras semanas Ghillermo editará e publicará a segunda metade, a do foxo do Castelo, pero por agora, disfrutade da primeira metade:
A Herdanza Meiga: I Parte
A Herdanza Meiga: II Parte
Novas relacionadas
- Asalto 2015: A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2014: Os rollos da Marquesa; gañador dos pinchos irmandiños do Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).