O Obradoiro de Emprego de Vimianzo arranxa a antiga escola de Reboredo
Aproveita o Concello de Vimianzo o obradoiro de emprego de Carpintería, e faino coa posta a punto do interior da antiga escola de Reboredo. Despois de que a través dunha axuda do GDR o Concello aconcionase o almacén e da zona de cociña, agora o Obradoiro realiza o arranxo do mobiliario, remate das portas e ventanas interiores e diversas melloras na parte principal.
Ademais reparárase completamente a cuberta e adecuárase o interior para facelo habitable, con accións que permitían o aillamento térmico.
Con esta nova intervención “continuamos a posta en valor dun dos edificios máis singulares de Vimianzo, que queremos que sexa epicentro de moitas das actividades culturais que se poidan desenvolver cando todo isto pase ”, sinala o edil de Obras, Miguel Ángel Pérez.