Martes. 08.10.2024
El tiempo

Os comerciantes de Vimianzo lánzanse ás redes sociais

Os comerciantes de Vimianzo lánzanse ás redes sociais

Non será o primeiro na materia,pero parece que os comerciantes de Vimianzo estanlle collendo gusto a isto das redes sociais. I é que están a participar nun programa específico elaborado desde o departamento de promoción económica.
A primeira parte da programación, iniciado no mes de xaneiro, os comerciantes recibiron coñecementos de iniciación á informática, hardware, software, xestión de documentos e finalmente comezaron a traballar na internet, buceando en diferentes páxinas, creando unha conta de correo, etc.

Na seguinte parte da programación, na que están traballando actualmente, os comerciantes sumerxíronse nas redes sociais. Os comercios participantes crearon un perfil en facebook das súas empresas nas que farán promoción do seu negocio e dos seus produtos.

Nalgún deses perfís podemos ver xa lanzada a campaña do Día do Pai, amosando ideas de agasallos que se poden atopar mercando en Vimianzo. Ademais do perfil persoal da empresa os comerciantes teñen un perfil común no que promocionarse, creado polo concello, Comercio de Vimianzo. Durante todo o mes de marzo seguirán aprendendo a manexarse en diferentes redes. A experiencia está resultando moi positiva para os empresarios que perderon o medo a enfrontarse á informática.

Curso de deseño e marketing de escaparates

O concello de Vimianzo acaba de poñer en marcha outro curso demandado polos comerciantes nas reunións mantidas co alcalde: un curso de deseño e marketing de escaparates, tralo éxito do certame de Nadal.

O que se pretende con este curso non é realizar manualidades para adornar o escaparate, como xa se fixo noutras ocasións, senón de aprender a enfocar o escaparate cara ao cliente co fin de promocionar os produtos que se ofrecen.
Tamén se aproveitará este curso para, desde a oficina de consumo, orientar os comerciantes nas súas obrigas de cara ao público para evitar reclamacións.

Para participar nesta actividade as persoas interesadas deben inscribirse no departamento de promoción económica (981716001 ext. 220) ou no seguinte enderezo electrónico: [email protected] ata o día 19 de marzo. O curso impartirase no telecentro os días 19, 21 e 26 de marzo de 21 a 22.30 horas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios