Venres. 04.10.2024
El tiempo

Os empresarios piden información sobre a situación legal do parque empresarial de Vimianzo

Os empresarios piden información sobre a situación legal do parque empresarial de Vimianzo
Ante a desidia e inoperancia de Goberno Central e Xunta de Galicia, a patata quente queda agora en man do concello vimiancés. O Parque Empresarial segue baleiro e pode que o concello asuma o mando a pesar da negativa da oposición. Hoxe os que se manifestan son os membros da Asociación de Empresarios Costa da Morte, que "ve con bos ollos que todos os grupo políticos de Vimianzo se preocupen polo Parque Empresarial, aínda que sexa por que as eleccións municipais están cerca", en palabras textuais. Iso si, aseguran botar en falta "información da situación legal na que se atopa o parque". Pero ao tempo afirman que "o de recepcionarlo por parte do concello parécenos ben, sempre que se aseguren, de que cumpra todos os requisitos de legalidade e servizos, para que as empresas que o desexen non teñan problemas á hora de instalarse. Nin que o concello teña que cargar con gastos innecesarios, para a súa posta en funcionamento".

Obra finalizada pero sen rematar

Denuncian os empresarios que malia estar a obra finalizada a finais de 2008, unha empresa interesada en mercar unha parcela "seguiría sen poder executar nada no parque, e nin rexistrar a parcela ao seu nome, xa que SEA a finais do 2010, non tiña aínda o Parque rexistrado na súa totalidade". Afirman descoñecer "o motivo, polo que, o concello non recepcionou devandita obra. Imaxinabamos ou se comentaba, que era por deficiencias varias, entre outras, o reforzamento da subministración de auga. Agora publícase nos medios de comunicación, que se vai a recepcionar o 28 de febreiro, sen que se fixo ningunha obra en ningún sentido".

Interesados pero dubidativos

Segundo datos que manexan dende a entidade, hai empresas interesadas en instalarse no parque, tal vez menos de 10. Pero estas empresas tamén queren que desde o Concello se clarexen certas cousas, tales como o tema de impostos:
  • En reunión mantida no Concello, cos tres grupos, PSOE, PP e BGG, o 17/11/2010, para tratar o tema de impostos, ICIO (Imposto sobre Construcións Instalacións e Obras) IBI (Imposto Bens Inmobles) e IAE (Imposto de Actividades Económicas), na cal os tres estiveron de acordo en estudar formulas para reducir devanditos impostos, para incentivar ás empresas que se instalasen o polígono. "Pero descoñecemos en que situación está o tema ese, xa que de momento, non nos notificaron nada", denuncian.
  • "Tamén preguntamos que parámetros teñen que cumprir as augas residuais para verter no colector municipal, tampouco a isto obtivemos resposta". E continúan "Quere isto dicir que no caso de empresas que xeren residuos contaminantes terían que soportar os gastos dunha segunda depuradora?"

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación de Empresarios da Costa da Morte.

Comentarios