Os fogóns de Vimianzo saltan á rede
06:17 03/11/17
Interesante o novo curso da Aula Cemit do Concello de Vimianzo que vai levar o uso das TICS a novos públicos e cunha metodoloxía innovadora e motivadora. Desta vez apóiase na afición á cociña para empregar o móbil na creación e edición de contidos audiovisuais que se poidan compartir en redes sociais, principalmente Facebook e Youtube. A innovación tamén está no uso de novos espazos e na colaboración de colectivos veciñais e empregando instalacións dotadas de cociña e ferramentas para elaborar preparacións.
A iniciativa parte con tres edicións:
- 1) Carnés. O obradoiro desenvolverase os luns entre as 17:00 e as 19:30, enpezando o 6 de novembro.
- 2) Berdoias. O obradoiro desenvolverase os mércores entre as 10:30 e as 13:00, empezando o 8 de novembro.
- 3) Salto. O obradoiro desenvolverase os mércores entre as 15:30 e as 18:00, empezando o 15 de novembro.
- - Dispor de teléfono móbil con conexión a Internet
- - Ter un perfil de Facebook
- - Ter instalada no móbil a aplicación de Youtube
Fonte
- Concello de Vimianzo