Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os maiores de Vimianzo irán de xornada campestre

Os maiores de Vimianzo irán de xornada campestre
A Concellería de Benestar, Igualdade e Deportes do Concello de Vimianzo vai organizar a I Xornada Campestre para os maiores de 50 anos. Terá lugar o vindeiro mes de setembro, e dende o Concello apuntan que as expectativas estanse a ver superadas, xa que hai máis de 100 veciños e veciñas apuntadas a día de hoxe. A Xornada constará dunha ruta de sendeirismo e un xantar campestre. Para facer a dixestión contarán con música. O xantar celebrarase no entorno da Capela de Castro Buxán, en Calo. O prazo para inscribirse remata a comezos desta semana. Comezarán ás 09:00h, saíndo de Vimianzo camiño de Camelle en autobús, para iniciar a ruta, que percorrerá arredor duns dez quilómetros. A ruta estará dividida en tres tramos, de xeito que se alguén non pode facer máis que un ou dous tramos, poderá subir ao autobús, que estará agardando polos participantes ao remate de cada etapa. Serán vinte os voluntarios e encargados de que todo estea a punto en Castro Buxán cando cheguen os sendeiristas. Encargaranse de preparar o xantar. Para anotarse na actividade hai que dirixirse ás oficinas do Concello de Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo.

Comentarios