Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Vimianzo ensinará a procurar un emprego

Vimianzo ensinará a procurar un emprego
O Plan Integrado de Emprego 2010 – 2011 do Concello de Vimianzo, contará cunha nova acción que se desenvolverá nun taller de redacción. O taller estará enfocado ao ámbito laboral, en el vaise traballar durante 20 horas na elaboración dun currículo, a redacción de cartas de presentación, así como de solicitudes e instancias ante os organismos públicos, así como na formulación de queixas ou renuncias. O curso vaise impartir na Aula de usos múltiples da Torre, en Vimianzo. Alí estará unha monitora a disposición dos alumnos os martes e os xoves, en horario de mañá e tarde, e os mércores e os sábados só pola mañá. Esta actividade está destinada aos usuarios do Plan, que remata nestas datas despois de dez meses de traballo. No mesmo combináronse accións de información, asesoramento, orientación, prácticas laborais ou formación, adaptadas ás necesidades de cada usuario. Os interesados e as interesadas deben contactar con Lucía Santos ou con Marta Pereira. Son as titoras de Inserción e Formación. O teléfono é o 981 716 001, extensión 219. Tamén hai habilitado un enderezo electrónico, que é [email protected] Entrega de diplomas Por outra banda, e sen deixar o Plan Integrado de Emprego de Vimianzo, na xornada de onte, xoves 11 de agosto, entregáronse os diplomas aos participantes dos cursos "OFI-TIC, Ferramentas web 2.0 para a Empresa", que xurdiu ante a necesidade de dar aos usuarios con formación e/ou experiencia na rama administrativa unha formación especializada que os fixera máis distinguidos do resto de candidatos no seu acceso ao mercado laboral, tan competitivo na actualidade. E ante a boa acollida e a necesidade de profundizar na Web 2.0 organizouse "Iniciación a Wordpress", actividade na que se proporcionou aos alumnos as ferramentas para crear a súa propia presenza na rede. Ao acto asistiron o Alcalde de Vimianzo, Don Manuel Antelo Pazos, e o encargado de impartir os cursos, Javier Mosquera Gómez (da empresa Galinus), así como outros representantes do Concello, entre eles a responsable do Servizo de Emprego e ADL Rosa Mª Sánchez, o Axente de Desenvolvemento Rural, Evaristo Suárez Corzón e a Titora de Inserción e Formación, Lucía Santos Lago.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo.

Comentarios