Os mellores Pinchos Irmandiños xa teñen premio

08:40 02/08/13

Tras un mes de descanso medieval, a organización do Asalto ao Castelo vén de facer entrega dos premios aos Mellores Pinchos Irmandiños 2013.
O recoñecimento maior recaue no Restaurante Pastoriza, que elaborou o mellor Pincho, unhas zamburiñas con recheo chamadas "Conchas da pereguina emocionada". Recolleron o premio os Pablo Aller, Esther Miñones, Esther Barrientos e Marcelino Miñones.
Tamén puido celebrar vitoria o Restaurante Montevideo, que recibiu o pergamino recoñecedor do mellor bar decorado da ruta dos pinchos. Na foto Ana Caamaño (propietaria do local) e Fabian Mata (o fillo).

Ademais, o Asalto sorteaba un lote de produtos Mahou igual ao peso do gañador, entre os que votasen, e a sorte recaeu en Lidia Pérez (á esquerda).

Novas relacionadas
- O Castelo de Vimianzo estará vivo todo o verán.
- O Asalto cumplíu a maioría de idade e segue medrando.
- Un pincho irmandiño para abrir boca na semana do Asalto ao Castelo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).