Un pincho irmandiño para abrir boca na semana do Asalto ao Castelo

Que mellor para abrir boca que un bo pincho irmandiño. Dende este mércores 3 e ata o sábado 6 de xullo, en horario de 12:00h a 15:00h. e de 19:00h. a 23:00h, 17 establecimentos e mais o stand da organización, servirán espectaculares pinchos irmandiños.
O público disporá dunha tarxeta (que se entregará nos bares) que irá selando nos bares participantes, votando ao mellor pincho e mais ao bar máis decorado, e terá tres posibilidades de agasallo irmandiño: Ruta Mínima (5 selos), Ruta Media (10 selos) e Ruta Total (os 17 selos).
Ademais, entre os que completen calquera das rutas sortearase un lote de produtos Mahou en función do peso do gañador.
Máis actividades
Esta semana faremos un repaso completo a todo o quenos ofrece o Asalto, pero polo de pronto imos repasando as cousas que van chegando.
Paralelamente este mércores remata tamén o prazo para o Concurso de Fachadas, mentres que a Cea medieval xa ten todas as entradas esgotadas.
Ademais, este ano, por suposto que poderemos desfrutar un ano máis do pasarrúas do Asalto ao Castelo, que non é outro que a Sata Compaña Irmandiña que, por terceiro ano, recorrerá os bares de Vimianzo para degustar os suculentos pinchos medievais, con cantos e música, bailes e moita festa.
Non a perdan, o xoves 4 de xullo, a partir das 19:00h, polos bares da vila.
Máis información
- www.asaltoaocastelo.org.
- www.facebook.com/asaltoaocastelo.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
Novas relacionadas
- Coñecendo a historia da Orixe do Asalto ao Castelo.
- O Asalto lava a cara.
- O Asalto cobra a súa Vinganza cun novo vídeo-promo.
- Irmandiños, preparen armas!.
- O Asalto ao Castelo 2013 arrinca con cartel, historia e elenco.
- O Concello de Vimianzo presenta alegacións á negativa da Xunta a declarar o Asalto Festa de Galicia de interese turístico.
- O Asalto quere encher de cor a vila co Concurso de Fachadas.
- Os pinchos irmandiños e a feira artesanal botan a andar o XVIII Asalto ao Castelo.
- Asalto irmandiño aos institutos de Vimianzo.
- 23-05-12: O Pleno vimiancés debatirá solicitar que o Asalto sexa Festa de Galicia de Interese Turístico.
- O Asalto quenta motores para este 2013.
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: A Cherinkas pégase unha autohomenaxe irmandiña.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
- Asalto 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
Novas festivaleiras
- Música, surf e… Razo.
- Verbena galega, outro xeito de facer festa con música do país.
- A música ghalegha daghora está “On the road”.
- 9 grupazos para celebrar os #10anosdemusica no Castelo Rock.
- O Asalto ao Castelo de Vimianzo xa ten cartel.
- Loquillo e Corizonas, os primeros grandes nomes do #NordestazoRock2013.
- O Festival V de Valarés quenta motores con 3 artistas confirmados.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
