Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os pequenos vimiancés descobren ao ladrón

Os pequenos vimiancés descobren ao ladrón

Unha perigosa banda de ladróns foi detida en Vimianzo gracias á colaboración dos rapaces da vila, que se converteron por un día en auténticos detectives…

I é que os obradoiros de pascua da Casa da Cultura de Vimianzo están dando moito de si. E se xa disfrutaron de varias actividades de animación e cine, esta tarde de mércores os participantes de máis de 7 anos converteranse en detectives para participar no Xogo de Pistas "O Gran Roubo", un xogo de pistas no que terán que recuperar un libro de valor incalculable que desapareceu misteriosamente.

Un xogo para o que o Concello de vnimiancés conta co diario Quepasanacosta. I é que a novedosa xincana que están artellando inclúe as novas tecnoloxías, e nese marco, os pequenos terán que pasar por QPC para descubrir ao ladrón neste Xogo de Pistas de O Gran Roubo.

Os mozos terán que bucear polas seccións do diario buscando esta mesma nova, e terán que levarlle impreso aos organizadores esta diapositiva, coas probas dos ladróns. Teñen pois que pinchar sobre ela, unha vez nela premer o botón de dereito e escoller a opción de imprimir.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios