Os Socialistras levan o Plan de Corservación dos Penedos ao Parlamento
Conseguíu o Concello de Laxe traer de volta á axenda política o esquecido Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela. Despois da interesante mesa de debate, que contou coa presencia do catedrártico Augusto Pérez-Alberti, e gracias á unión municipal xunto co Concello de Vimianzo na súa posta en valor, parece que este singular espazo natural volve estar vivo nas plegarias dos partidos.
Desta volta foi a parlamentaria socialista Loli Toja a que lle reclamou hoxe ao goberno galego cunah pregunta oral en Comisión a iniciar aquel plan de conservación aprobado hai case 10 anos, cando a paraxe foi declarada como “Paisaxe Protexida” polo goberno de Touriño.
A parlamentaria laxeira sinalou a ausencia do goberno galego do encontro do pasado 1 de xuño, no que tamén participou o concello de Vimianzo, e instou á Xunta a participar na andaina ata os Penedos dende os dous concellos, convocada para o próximo 11 de decembro, coincidindo cos dez anos do decreto.
Dixo que o goberno “ten que facer algo máis” para protexer e dar a coñecer esta paisaxe, aproveitando unha oportunidade para “promover o desenvolvemento económico e turístico da zona”.
Toja aproveitou para lembrarlle á Xunta que os Penedos de Pasarela e Traba son, xunto co Val do río Navea –nos concellos ourensáns de San Xoán de Río e a Pobra de Trives-, os únicos dous espazos de Galicia acredores desta figura de protección.
Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/laxe-e-vimianzo-unen-forzas-ante-a-deixadez-da-xunta-na-promocionar-os-penedos/ https://quepasanacosta.gal/unindo-forzas-entre-concellos-para-salvar-os-penedos/ https://quepasanacosta.gal/augusto-perez-alberti-e-lamentable-que-a-xunta-non-fixera-nada-dez-despois-da-declaracion-dos-penedos-de-traba-e-pasarela-como-paisaxe-protexida/-
¡
- 2018: Unindo forzas entre Concellos para salvar os Penedos
- 2016: O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba.
- 2014: Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela.
- Lorena Martínez Canosa: Moitas paisaxes, pero só unha protexida.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Protexida.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).