Martes. 07.05.2024
El tiempo

O pobo de Vimianzo vólcase ca solidariedade

O pobo de Vimianzo vólcase ca solidariedade

Fantástica a iniciativa das asociacións de Vimianzo de unirse nunha Plataforma Solidaria. E fantástica a resposta de todo o pobo de Vimianzo no Festival Benéfico celebrado este pasado domingo. Todo unha fin de semana completa, con visita do Apalpador e estrea dunha documental de Carmen Neira Marcos incluidas.

Festival Benéfico

Marea de Solidariedade en Vimianzo-Foto-Roberto Rua Juan Gimel e Damian Espasandin Os Ghanan Style no Festival Benefico de Vimianzo-Foto-Roberto Rua

Ateigado estivo o auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo para o Festival Benéfico qur organizou a Plataforma Solidaria. As asociacións da vila artellaron este festival para recadar fondos para os máis necesitados, como o Maratón Solidario 3x3 da Cherinkas. A simbólica entrada de 2€ servirá para Cáritas, que ademais coordinou unha campaña de recollida de alimentos.

Alí subiron ao estrado o grupo de baile Airiños do Río Grande, o grupo de baile Foliada de Salto, os gaiteiros O Revoltixo da Asociación San Martín de Carantoña, a Asociación Cultural Trubisquiña de Vimianzo, os acordeonistas Aserrín e viruta de Pasarela e o grupo da escola municipal de aeróbic. Todos realizaron diferentes actuacións nun festival presentado polos coñecidos Ghañan Style, que tamén quixeron colaborar nesta iniciativa.

Os comerciantes quixeron poñer o seu gran de area con regalos para os asistentes, e xa podedes ollar a listaxe de números premiados nas rifas do sorteo do Festival Benéfico de Vimianzo.

Recollendo os regalos do Festival Benefico de Vimianzo-Foto-Roberto Rua

O Apalpador estivo en Vmianzo

Agradabilísima a viista do Apalapador para darlle un toque máis galego ao Nadal vimiancés. Os peques entonaron aquelo do:
Vaite logo meu neniño
marcha agora para a camiña
que vai vir o Apalpador
apalparche a barriguiña.

O Apalpador estivo en Vimianzo

Dona Carmen une xeracións

Tono Casais coas responsables da Asociacion Neira Marcos

Xa ten unha estatua e mesmo unha praza ao seu nome. E dende esta fin de semana Carmen Neira Marcos ten tamén a súa película. A documental "Dona Carmen Neira Marcos, mestra de todo e para todos". foi presentada esta pasada fin de semana nunha gala dirixida por Toño Casais, que ademais foi o mestre da obra de teatro que protagonizaron os mozos da escola de teatro municipal. Todo, nun encontro interxeracional que lembrou a gran mestra e serviu para que pequenos e maiores se unan un pouco máis.

A Presidenta da entidade, María Teresa Ferreira Lavandeira, falou sobre a vida de Dona Carme. De contado Xosé Ameixeiras, periodista e escritor, que colaborou na elaboración do video xunto coa súa filla, tamén deu a súa visión. O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, que foi quen deu a idea á asociación, nunha xuntanza, de facer este video, explicou como nacía, e de contado Mª Teresa Ferreira e María García (a súa filla) e Antía Ameixeiras, que preparou o audiovisual, explicaron como foi o devir da grabación.

Foi aí cando deron paso á actuación teatral reproducindo a escola de Dna. Carmen con dúas anécdotas recollidas das testemuñas do video. Dirixida por Toño Casais, con Sara Rodríguez facendo de Dna. Carmen, e co nenos desde 4 ano ata mozos de 18 facendo de alumnos, tal e como era antiguamente.

Ao remate todos os asistentes puideron disfrutar da proxección do vídeo.

Teatro de Carmen Neira Marcos

Novas solidarias

Fonte

Comentarios