Palilleiras de todo o país volverán xuntarse en Vimianzo
A Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas de Vimianzo organiza a 17ª palillada no Pavillón de Vimianzo o sábado 9 de novembro de 2024. Unha xuntanza que volverá unir os intereses entre palilleiras de todo o país, intercambiando intereses.
A cita xuntará no Pavillón Deportivo do CEIP San Vicenzo de Vimianzo, permitirá xuntar palilleiras de Viveiro, San Ciprián, Burela, Sarria, Lugo, Vigo, Cambados, Vilanova de Arousa, Tui, O Porriño, Ribeira Sacra, A Coruña, Boiro, Valga, Ferrol, Fene, Neda, Ames, Betanzos, Cambre, Paderne, Arteixo, Coirós, Noia, Porto do Son, Oleiros, Cariño, Valdoviño, Esmelle, Abegondo, Muxía, Camariñas, etc e como non de Vimianzo.
O pavillón estará aberto a partir das 10:00 horas da mañá para todo o público que nos queira visitar. A comida de confaternidade será ás 13:30 horas no Restaurante Santos. O horario para o público será de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.
As Nemanquiñas de Vimianzo agradecen a colaboración municipal e da alcaldesa Mónica Rodríguez Ordóñez.