Luns. 28.09.2020
El tiempo

A Patrulla Verde adecenta os espazos públicos

A Patrulla Verde adecenta os espazos públicos

Dende o pasado 1 de setembro, as brigadas municipais da Patrulla Verde de Vimianzo comezaron as tarefas de adecuación de espazos públicos, e recuperación de bens de interese patrimonial e veciñal. 

Gracias ao financiamento do Fondo de Compensación Ambiental, convocatoria 2020, súas funcións son a limpeza de espazos públicos, a limpeza de maleza en espazos de uso público, tarefas de broza mecanizados, actuacións orientadas á creación da biodiversidade, a recuperación do medio natural degradado ou contaminado ou actuacións de protección do medio ambiente e do espazo natural. 

Estes días un equipo conformado por un encargado e cinco peóns e que nestes momentos están a adecuar a contorna da canle do río Vimianzo. Está previsto, con todo, realizar intervencións tamén en lugares como o Val de Baíñas, Bamiro ou Carnés. 


 

comentarios