Piden que se permita xirar cara Baíñas no cruce da Piroga

14:14 03/11/17

Hai pouco a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) da Coruña fixo varias modificacións na sinalización horizontal (a pintada sobre a estrada) da estrada AC552 ao seu paso por Vimianzo. Uns cambios que xeraron un grande rexeitamento tanto entre as persoas usuarias da vía como entre a veciñanza, polo que o alcalde do Concello de Vimianzo, Manuel Antelo, vén de solicitarlle que se modifiquen.
O alcalde refírese a dous lugares en concreto: -O punto quilométrico 58+470, na Piroga (Bamiro), onde o recente pintado da estrada eliminou a posibilidade que os vehículos que circulan en dirección a Fisterra xiren á esquerda para incorporarse á estrada A Piroga-Baíñas e ao Campo da Feira.A estrada A Piroga-Baíñas conta cun intenso tráfico de vehículos xa que é a vía de comunicación que une a comarca de Soneira con Fisterra, Muros e Noia. Por outra bandao Campo da Feira da Piroga ademáis de ser un lugar cunha importante actividade económica é utilizado como aparcadoiro. -O punto quilométrico 66+730, na Rúa da Torre en Vimianzo. Neste lugar elimináronse, sen motivo aparente, prazas de aparcadoiro que existiron, sen que causaran ningún tipo de problema, até o último pintado da estrada.
Fonte
- Concello de Vimianzo.